Soviet das Nacionalidades

Divisións administrativas da Unión Soviética no ano 1989.

O Soviet das Nacionalidades (en ruso: Совет Национальностей) era unha das dúas cámaras do Soviet Supremo da Unión Soviética, creado pola Constitución da Unión Soviética de 1936. Funcionou entre os anos 1938 e 1991. A diferenza do Sóviet da Unión, o Sóviet das Nacionalidades estaba composto polas distintas nacionalidades (repúblicas) da Unión Soviética.

O Sóviet das Nacionalidades gozou dos mesmos dereitos que o Sóviet da Unión, tanto na área das iniciativas lexislativas, coma na resolución doutras cuestións. Tiña autonomía para elixir o seu presidente, que dirixía as sesións da cámara, así coma aos seus catro vicepresidentes e ás comisións permanentes.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search